Pestanas principais

Transporte adaptado ofrecido polo Concello para as eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012

Mércores, 03 de outubro de 2012

[03-10-2012] O alcalde de Ames, Santiago Amor, informa de que o Concello de Ames dispón dun vehículo especialmente habilitado para o transporte de persoas con discapacidade física e que se atopará o próximo 21 de outubro a disposición de todos os veciños e veciñas de Ames para facilitar o exercicio do dereito ao voto. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cós encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o venres 19 de outubro, ofrecéndoselles o servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando sobre o transporte adaptado ofrecido polo Concello para as eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012.