Pestanas principais

Teatro e danza para concienciar sobre o uso do plástico na obra “Lixo”, o venres 3 de xuño no Apego de Ames

Mércores, 25 de maio de 2022

O programa Apego amesán continúa en xuño co espectáculo “Lixo”, dirixido ás crianzas a partir de 2 anos. Na obra da compañía O Baúl da Tía Lola, dúas bailadeiras mergulladas nun mar de lixo e plástico descubrirannos xogos e mundos extraordinarios, nos que crearmos cultura a partir de varredura. Será o venres 3 de xuño na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. As inscricións para a actividade, de balde, poderán realizarse dende hoxe ata o xoves 2 de xuño, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas.

“Lixo” quere mostrarnos dunha forma divertida os problemas que pode ocasionar o uso excesivo do plástico, xogando cunha escenografía en constante movemento, creada con materiais de plástico reciclado, como bolsas de lixo, cubertas, ou mesmo esqueletos de tendas de campaña. As dúas protagonistas en escena mergullaranse neste mundo de varredura e luces, bailando e creando diferentes ambientes a partir dos xestos, do son e do movemento.

A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar só teñen que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, no que indiquen nome e apelidos das asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que as acompañen. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o xoves 2 de xuño. Non se admitirán inscricións fóra de tempo e as prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes.

A programación infantil con Apego do primeiro semestre de 2022 pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

O programa Apego, actividades, formación e recursos para familias

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia a través de actividades e de recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese primeiro contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario "Súmate ao Apego" na páxina web apego.gal, escribir a normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Apego trae o espectáculo ‘Lixo’ para nenos e nenas a partir de dous anos"

Teatro e danza para concienciar sobre o uso do plástico na obra “Lixo”, o venres 3 de xuño no Apego de Ames

Multimedia

  • Teatro e danza para concienciar sobre o uso do plástico na obra “Lixo”, o venres 3 de xuño no Apego de Ames
  • Teatro e danza para concienciar sobre o uso do plástico na obra “Lixo”, o venres 3 de xuño no Apego de Ames