[11-05-2011] As Casas da Cultura de Bertamiráns e o Milladoiro acollerán a obra teatral "Pelos na lingua", da compañía Talía Teatro. O día 12 en Bertamiráns e o día 18 no Milladoiro, ambas as 21:00 horas. O seu elenco o forman Toño Casais, María Ordoñez e Artur Trillo e está dirixida por Avelino González. A compañía realizou,en algunha ocasión, os ensaios nos recintos do Concello. Ademáis para os máis pequenos, interpretarán a obra "Carta urxente para Máximo Toxo".
O teatro volve a Ames das mans da compañía Talia Teatro e coa representación da obra "Pelos na lingua".O grupo de teatro que obtivo un gran éxito coa peza "Bicos con lingua" decidiu afrontar este novo espectáculo de novo coa dirección de Avelino González, e cun elenco admirable de actores: Toño Casais, María Ordoñez e Artur Trillo. Poidéronse ver en algunha ocasión polo Concello realizando os ensaios das súas obras teatrais.
A obra que tivo o seu estreno fai poucos meses será representada na Casa de Cultura de Bertamiráns mañá, xoves 12 de maio, as 21.00 horas e o próximo día 18 de maio na Casa da Cultura do Milladoiro á mesma hora. Según a propia compañía, é un espectáculo áxil, dinámico e fresco que invita a reflexión da situación conflictiva do idioma nestes momentos, pero sen esquecer o humor e a ironía. A peza ten unha duración de 55 minutos e está dirixida a todos os públicos; conta cun escenario sublime e sencillo no que representan a historia co obxetivo de que o público tome conciencia da situación actual da lingua galega.
Teatro para os máis cativos
Ademáis, a compañía Talía teatro representará no Concello outra das súas montaxes dedicadas os máis cativos. O xoves, 12 de maio, as 12.00 horas vai interpretar na Casa da Cultura de Bertamiráns a obra infantil "Carta urxente para Máximo Toxo". A esta sesión acudirán os rapaces das escolas infantís de Agrón, Guimaráns, Tarroeira e Covas, que encherán o auditorio para pasar un bo rato na súa compañía.
A obra ten unha duración de corenta e cinco minutos e está dirixida a un público familiar e infantil (entre os 6 e os 11 anos). Xa foi escenificada na Casa da Cultura de O Milladoiro. O elenco está formado por Marta Ríos e Dani Trillo e a montaxe está dirixida por Diego Rey. Nela, Belinda é unha rapaza alegre e vital que traballa como carteira e ten que entregarlle persoalmente unha carta a un gran escritor, Máximo Toxo que nunca tivo a ocasión de coñecelo aínda que ten fama de rosmón e antipático. A trama se desenvolve tralo seu encontro. Trátase dunha comedia infantil e acrobática, para ver en familia, chea de saltos, gritos, viravoltas que fai unha reflexión sobre a soidade e os seus perigos.




