Xoves, 13 de xuño de 2013
[13-06-2013] O Concello de Ames avisa de que se suspende a representación da obra “O enfermo imaxinario”, prevista para este venres na Casa de Cultura de Bertamiráns. O motivo é a indisposición por motivos de saúde dun dos membros do grupo de teatro afeccionado brionés Trangalleiro Teatro.




