Pestanas principais

Suspéndese a I Carreira da Familia de Ames por condicións meteorolóxicas adversas para un evento festivo

Xoves, 27 de xullo de 2017

[27-07-2017] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa de que se suspende a primeira edición da Carreira da Familia, que ía a desenvolverse este domingo, 30 de xullo, na localidade do Milladoiro. A principal razón de dita suspensión é que as predicións meteorolóxicas apuntan condicións adversas para desenvolver un evento festivo. As persoas que están apuntadas para este evento devolveráselle a cota de inscrición. Deste xeito, a carreira queda aprazada para o mes de setembro coas mesmas características.

Trátase dunha carreira “simbólica” de apenas tres quilómetros a través das rúas de Milladoiro. Ademais, este vento inclúe diferentes actividades lúdicas para toda a familia como unha festa con DJ, inchables, animación, obradoiros, premios e un sorteo de agasallos. Todo isto queda aprazado ata o mes de setembro por condicións meteorolóxicas adversas para un evento festivo deste tipo.

As persoas que están apuntadas para este evento devolveráselle a cota de inscrición. Cómpre lembrar que o importe que se recade a través desta carreira é para a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog). Ademais, na propia páxina de emesports tamén existe a opción “Dorsal O”, destinada a todas as persoas que queiran doar diñeiro a Asanog, sen ter que participar da carreira. O propio día da carreira tamén se habilitará unha carpa da asociación para quen queira colaborar ou doar diñeiro á asociación o poida facer ese mesmo día.