[05-04-2018] A andaina solidaria, organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) para este 8 de abril, queda suspendida debido ás condicións meteorolóxicas previstas para esa data. Desta maneira, a realización da camiñada adíase ata o vindeiro 13 de abril.
A Ruta do Rego da Andoriña é o recorrido escollido para a realización da andaina solidaria, organizada polo asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) para o próximo 13 de maio. A camiñada terá un prezo simbólico de 5 euros para as persoas e 1€ para os cans. O diñeiro recadado irá destinado ao pagamento dos billetes das nenas e nenos saharauís que cada verán veñen a Galicia, a través do programa Vacacións en Paz. Para asistir ou para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 646 320 660 ou enviar un correo electrónico ao enderezo eybarra.sogaps@gmail.com. A andaina, que conta coa colaboración do Concello de Ames, partirá ás 10:30 horas da praia fluvial de Tapia.