Venres, 09 de marzo de 2018
[09-03-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, informa de que queda suspendida a actividade, Viaxando con Rosalía, prevista para este sábado, 10 de marzo. O motivo da suspensión é a predición metereolóxica adversa de vento e choiva prevista para o sábado (alerta laranxa). Deste xeito, buscarase unha nova data para realizar dita actividade. Unha vez estea confirmada a data, avisarase a todas as persoas que se inscribiron nesta iniciativa cultural.




