[10-08-2011] Esta mañá o goberno amiense reuniuse cos grupos da oposición para estudar a actualización das taxas das escolas deportivas en Ames, que teñen un déficit para o Concello de 170.000 euros ao ano, moi difícil de asumir debido á difícil situación económica do Concello. A actualización das taxas implica unha suba das mesmas que ronda o euro mensual, variando uns céntimos dependendo do servizo. O goberno amiense non chegou a acordo ningún coa oposición que, no caso do Bloque Nacionalista Galego manifestou que "manteñen a defensa do dobre financiamento, unha parte contribución das usuarias e usuarios, actualizando o prezo segundo variación do IPC anuel e outra parte con achegas públicas" . O Partido Socialista pola súa parte reclamou a suba do IPC.
O goberno non entende a incoherencia na que incorren os socialistas reclamando a suba do IPC, cando dende o ano 2003 eles non aplicaron ningunha suba. Ata o de agora o servizo das escolas tiña un custe de 197.738,12 euros, e por cotas ingresábanse 27.942 euros, polo que o déficit ascende case a 170.000 euros. Os usuarios viñan pagando o 14% dos gastos. Esta suba permite a continuidade das escolas e o concello seguirá aportando máis do 50% do que custa este servizo que empregan uns 1.600 amienses.
Dende o goberno local aclaran que non se trata dunha suba de impostos, senón dunha taxa que resulta difícil de asumir neste momento. O popular Ramón Argibay explica que esta medida axudará a mitigar o déficit do servizo, e recorda que o Concello segue asumindo máis do 50% do custe das escolas.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "El Concello amiense cifra en un euro al mes la subida de tasas deportivas"
El Correo Gallego: "La oposición amiense rechaza subir las tasas un euro al mes"




