Luns, 27 de xuño de 2016
[27-06-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Cultura, informa de que este luns, 27 de xuño, ás 16:30 horas, realizarase o sorteo de prazas para a Escola Municipal de Música (curso 2016-2017). O devandito sorteo desenvolverase na aula de usos múltiples, que está situada no segundo andar da Casa da Cultura do Milladoiro. Para máis información pódese acudir directamente á Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 9:30 a 13:00 horas, chamar ao teléfono 981 535 940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal.