Pestanas principais

Solicitude de autorización extraordinaria para celebrar festas de fin de ano

Xoves, 22 de novembro de 2012

[22-11-2012] O Concello de Ames informa a todos os veciños e veciñas sobre os trámites que teñen que realizar os establecementos do Concello que desexen realizar festas de fin de ano. A competencia da autorización da celebración doutros espectáculos ou actividades correspóndelle ás xefaturas territoriais da Concellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sempre que se respecten as condición esenciais da licenza. A autorización darase para un único espectáculo ou para sesións puntuais dunha actividade determinada, e require un informe favorable do Concello. As solicitudes deberán dirixir e á Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da provincia da Coruña, e debe presentarse con unha antelación mínima de 30 días sobre a data prevista de celebración da actividade. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar o bando sobre a solicitude de autorización extraordinaria para celebrar festas de fin de ano.