Pestanas principais

Solicítase a colaboración veciñal para coñecer o estado actual do despregue de fibra óptica no rural de Ames

Martes, 15 de marzo de 2022

Dende o Concello de Ames puxéronse en contacto coas asociación veciñais do municipio para solicitarlle a súa colaboración para coñecer o estado actual do despregue de fibra óptica nas distintas parroquias do rural. O obxectivo é coñecer aquelas zonas que na actualidade non dispoñen de fibra óptica, para posteriormente solicitarlle ás empresas que corresponda que se realice dita instalación. O obxectivo é contar cunha conexión á rede que sexa de calidade e permita desenvolver o traballo ou estudos con normalidade, xa que na actualidade este é un elemento imprescindible para poder desenvolver a vida no rural. Pódese presentar dita información a través do correo electrónico gabinete@concellodeames.gal ata o 18 de marzo (inclusive).

O alcalde de Ames, Blas García, vén de enviarlle unha carta ás distintas asociacións de veciños e veciñas de Ames para solicitarlle a súa colaboración nun asunto de importancia como é o despregue de fibra óptica no municipio. Nos últimos anos demostrouse o necesario que é contar cunha conexión á rede que sexa de calidade e que permita desenvolver o traballo ou estudos con normalidade, xa que na actualidade este é un elemento imprescindible para poder desenvolver a vida no rural.

O Goberno municipal é consciente da necesidade de levar a cabo todas as accións que sexan necesarias e se atopen dentro das súas posibilidades para poder atender esta demanda veciñal. Debido a iso solicítase a colaboración das asociacións do concello para que acheguen información respecto dos lugares da súa parroquia nos cales actualmente aínda non se conta con despregue de fibra óptica, para dese xeito facer as oportunas alegacións ante a administración competente, así como reiterar novamente a solicitude deste servizo e que se cumpran os prazos de instalación da fibra por parte do Estado.

Pódese presentar dita información a través do correo electrónico gabinete@concellodeames.gal ata o 18 de marzo (inclusive). Para resolver calquera dúbida ao respecto pódese chamar ao número de teléfono 881 07 47 30 ou escribir un correo electrónico ao enderezo gabinete@concellodeames.gal.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "El rural del norte de Ames, la gran zona de sombra de fibra óptica"

El Correo Gallego: "Tentean ás asociacións veciñais para levar a fibra óptica por todo o rural"

Enfoques: "El Concello de Ames pide ayuda vecinal saber qué zonas rurales no tienen fibra óptica"

AMSGO!: "O Concello de Ames pide axuda ás asociacións veciñais para identificar as áreas da localidade sen fibra óptica"

Solicítase a colaboración veciñal para coñecer o estado actual do despregue de fibra óptica no rural de Ames