Pestanas principais

Servizos mínimos nos Programas de Conciliación durante a Folga Xeral de Mulleres do 8 de marzo

Mércores, 07 de marzo de 2018

[07-03-2018] Como xa sabedes o próximo xoves 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o movemento feminista co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais, convoca unha folga xeral das mulleres.

O funcionamento dos Programas de Conciliación da vida laboral e familiar (Bos Días Cole, Rede Municipal de Comedores Escolares e Tardes Divertidas) depende practicamente na súa totalidade de mulleres (rede de monitoraxe, persoal de servizos xerais, cociña); no caso das Escolas Infantís o 100% (mestras, educadoras, persoal de cociña) polo que NON se garante a prestación dos servizos citados durante todo o día.

A tal efecto informativo, atendendo os servizos mínimos, estará unha (1) persoa en cada un dos comedores escolares e o 20% da rede de monitoraxe da empresa concesionaria; e nas Escolas Infantís Municipais O Bosque e A Madalena estará a directora pedagóxica ou persoa que a substitúa.

Agardamos a vosa colaboración.