Pestanas principais

A selección española feminina de voleibol xoga un amigable ante Hungría este domingo 7 en Bertamiráns

Xoves, 04 de agosto de 2022

En plena concentración para preparar os partidos clasificatorios para o EuroVolley 2023, as Leoas da selección española absoluta feminina de voleibol van disputar dous partidos amigables en Galicia, nos que se enfrontarán ao equipo de Hungría. Deste xeito, os encontros desenvolveranse esta fin de semana, o sábado 6 en Noia, onde as xogadoras están concentradas dende o pasado luns 25 de xullo, e o domingo 7 no pavillón polideportivo de Bertamiráns, a partir das 19:00 horas.

As Leoas do voleibol español continúan a súa preparación en Galicia de cara aos seis partidos que compoñen a fase clasificatoria para o campionato de Europa 2023, o EuroVolley. Dende o pasado luns 25 de xullo, as xogadoras do combinado español están a adestrar en Noia, onde arrincarán este sábado 6 ante Hungría unha serie de catro encontros amigables, previos á súa estrea no Preeuropeo.

Neste senso, a seguinte parada da selección será Bertamiráns, onde este domingo 7 xogarán un novo partido contra o equipo húngaro. O amigable terá lugar no pavillón polideportivo da vila, a partir das 19:00 horas, con entrada libre e de balde.

A próxima semana, as Leoas viaxarán a Suíza para disputar os días 13 e 14 de agosto dous amigables contra o combinado helvético, que servirán para pechar a preparación para a fase clasificatoria. O debut no Preeuropeo do equipo español será en Dinamarca o día 20 de agosto contra a selección do país, un dos tres rivais de España no grupo E, formado tamén por Letonia e Eslovaquia.

O Preeuropeo continuará os días 24 e 27 de agosto, nos que España se medirá ante Eslovaquia e Letonia en Gijón e Avilés, respectivamente. Os tres partidos restantes terán lugar en Letonia e Eslovaquia, ante as seleccións locais, e en Alacante ante Dinamarca, os días 4, 7 e 11 de setembro.

Novas relacionadas:

Enfoques: "La Selección Española Femenina de Voleibol jugará un amistoso contra Hungría este domingo en Bertamiráns"

AMSGO!: "A selección española feminina de voleibol enfróntase a Hungría o domingo en Bertamiráns"

A selección española feminina de voleibol xoga un amigable ante Hungría este domingo 7 en Bertamiráns

Multimedia

  • A selección española feminina de voleibol xoga un amigable ante Hungría este domingo 7 en Bertamiráns