Pestanas principais

Seis empresas optan a xestionar o servizo municipal de transporte adaptado no Concello de Ames

Xoves, 14 de maio de 2015

[14-05-2015] Un total de seis empresas optan a xestionar o transporte adaptado no Concello de Ames, un servizo municipal dirixido a satisfacer as necesidades dos veciños que teñen dificultade para acceder ao transporte normalizado e a favorecer a súa integración social. O obxectivo que se persegue é “normalizar as condicións de vida e facilitar a integración social das persoas que presenten dificultades de mobilidade”.

Dende o consistorio amesán sinalan que o vehículo solicitado deberá ter unha capacidade mínima de once prazas para usuarios que non precisen de cadeira de rodas e contará cun mínimo de dous espazos para os que si a precisan. A empresa adxudicataria do servizo terá que dispor dun acompañante para realizar as funcións de coidador de viaxeiros.  

O horario de funcionamento será de 12 horas diarias, operando de luns a venres, de 7:30 a 19:30 horas. O importe máximo da licitación acada os 422.400 euros e o contrato estenderase como mínimo por tres anos. O regulamento deste servizo municipal foi aprobado por unanimidade no pleno do pasado mes de setembro do Concello de Ames.  

As persoas que necesiten empregar o transporte adaptado deberán estar empadroadas no Concello de Ames e terán que achegar a documentación relativa ao seu grao de dependencia ou discapacidade.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Seis empresas optan a la gestión del servicio de transporte adaptado amiense"
La Voz de Galicia: "Ames revisa seis ofertas para el contrato del transporte adaptado"