Pestanas principais

SEGUNDA FASE DAS OBRAS NA RÚA ANXERIZ

Martes, 20 de xaneiro de 2015

[20-01-2015] Comunícase que con motivo das obras que se están realizando na rúa Anxeriz, por mor do cambio de pavimento na calzada, vaise ver alterada a circulación e estacionamento habitual dende a rúa Raxoeira ata a rúa da Cruxa, véndose afectada toda a rúa Anxeriz en estacionamentos e garaxes.

As obras continuaranse por pequenos tramos de rúa para prexudicar o mínimo posible aos veciños. A segunda das actuacións acometerase no tramo da Rúa Anxeriz dende o número 7 ata o cruce con Pardiñeiros, que afectará aos garaxes dos números 8, 10 e 11, entre o xoves 22 de xaneiro de 2015, ás 8:00h, e o luns 26 de xaneiro de 2015, ás 20:00h, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Durante o transcurso desta actuación, os propietarios destes portais non poderán entrar nin saír dos garaxes.

O Concello de Ames lamenta as molestias que estas actuacións, conducentes á mellora da circulación na zona, lles poidan ocasionar aos veciños.

Para calquera problema que puidera xurdir, ou calquera información da que precisen dispoñer, saiban que poden poñerse en contacto co concello nos medios habituais:

Teléfono 662 371 131 da Concellería de Vías e Obras, en horario de atención ao público.

Correo electrónico: obraseservizos@concellodeames.org

Policía Local: 619 767 575