[21-07-2012] Ata o vindeiro 4 de agosto está aberto o prazo de solicitude das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado que cursou estudos de 2º ciclo de educación infantil durante o curso 2011-2012. As bases pódense consultar na sección de CONVOCATORIAS da páxina web do Concello (www.concellodeames.org).
Poden optar a estas subvencións os pais e nais -ou titores legais- dos nenos e nenas matriculados no curso escolar 2011/2012 nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de Educación Infantil (2ª Etapa, de 3 a 5 anos). As solicitudes deberán presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ames.
Entre a documentación a presentar, ademais do modelo de solicitude, deberá achegarse un certificado de matrícula no centro de ensino, aínda que en caso de non ser posible tamén se acepta como proba de escolarización a copia compulsada do Boletín de Cualificacións que se entrega a cada alumno/a a final de curso.




