[30-10-2012] A aula de informática do Milladoiro continúa en novembro coa súa programación de cursos, ofertando un obradoiro de mecanografía destinado a persoas maiores de 18 anos. As clases desta actividade impartiranse entre os días 19 e 23 de novembro, en horario de 10:00 a 11:00 da mañá e de 19:00 a 20:00 horas da tarde. Este curso ten un custe de 5 euros e conta con 10 prazas dispoñibles por quenda. O prazo de inscrición aínda está aberto. Os interesados e interesas poden inscribirse nestes cursos ou resolver calquera outra dúbida ou pregunta a través do teléfono 981 535 940 ou do correo electrónico escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.org.
En decembro, a aula de informática do Milladoiro impartirá un obradoiro gratuíto de actividades de Nadal dirixidas aos nenos e nenas de Ames. Esta actividade, que terá lugar do 12 ao 14 dese mes, está destinada a rapaces e rapazas de 6 a 8 anos que estean interesados/as en aprender a manexar un programa de debuxo para a realización de postais de Nadal. O curso impartirase en horario de 18:00 a 19:00 horas e conta con 10 prazas dispoñinles.
Para optar a unha das prazas é imprescindible estar empadroado no Concello de Ames. Así mesmo, as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Terán prioridade as persoas que non realizaron esas mesmas actividades en trimestres anteriores. Estas actividades realízanse co obxectivo de fomentar o acceso ás novas tecnoloxías de todos e todas as persoas que aínda non tiveron a oportunidade de matricularse nalgún dos obradoiros programados anteriormente. Para inscribirte nestes cursos ou resolver calquera outra dúbida ou pregunta, poden comunicarse a través do teléfono 981 535 940 ou vía correo electrónico escribindo a informatica.milladoiro@concellodeames.org.
Servizo Aula Aberta
Por outra banda ofrécese o servizo de Aula Aberta, habitualmente entre as 16:00 e as 20:00 horas, do que poden facer uso dos ordenadores todas as persoas que estean empadroadas no concello. Para poder empregar o servizo de Aula Aberta só hai que cubrir unha ficha cos datos persoais e entregar unha fotografía coa que facer o seu carné de usuario/a. A persoa encargada da aula dálles un número de usuario/a e explícalles as normas. Os usuarios/as poden daquela empregar os ordenadores da aula para o que precisen, como consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar ou procurar información. Ante calquera dúbida poden preguntar o que desexen á persoa responsable. Tamén poden acudir usuarios cos seus ordenadores portátiles persoais a resolver as dúbidas que teñan no manexo da informática.




