Pestanas principais

Segue aberta a primeira campaña de recollida de material escolar

Venres, 28 de setembro de 2012

[28-09-2012] O Concello de Ames, a través das Concellarías de Educación, Servizos Sociais e Voluntariado, organizaron a primeira campaña de recollida de material escolar para os nenos e nenas de familias con menos recursos do concello de Ames. O material poderá entregarse ata finais de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, en horario de mañá, de 09:00 h. a 14:00 horas, e de tarde, de 16:30 h. a 21:30 horas. Unha vez rematada a campaña, o material será entregado de cara ao vindeiro curso escolar 2012-2013. Esta campaña é independente da liña de subvención que convoca anualmente a Administración local para material escolar. Para máis información poden chamar ao número de teléfono 662 377 044 ou enviar un correo electrónico voluntariado@concellodeames.org

As Concellarías de Educación, Servizos Sociais e Voluntariado organizaron a primeira edición da campaña de recollida de material escolar. Esta campaña, que se desenvolverá ata o 31 de outubro, pretende recoller unha gran cantidade de material escolar para entregar entre a poboación máis necesitada do concello e sensibilizar a xente de que entregar material escolar non consiste en dar caridade, baleirar armarios ou reciclar obxectos que nos molestan na casa, senón que hai que poñer un pouco de xustiza e ofrecer solidariedade e xenerosidade de balde.

Todas as persoas que queiran colaborar coa campaña deberán depositar o material escolar nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 09:00 h. a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas. Pódese entregar todo tipo de material escolar (libros de texto, libros de lectura, lapis, gomas, carpetas, regras, pinturas, lapiceiros, mochilas...). É importante que o material que se entreguen estea en bo estado.

Esta campaña é independente da liña de subvención que convoca anualmente a Administración local para material escolar. Todo o material escolar que se recolla será ordenado e clasificado pola Oficina de Voluntariado de Ames. O material repartirase entre os nenos e nenas de familias con menos recursos do concello de Ames. Estes nenos/as son derivados do departamento municipal de Servizos Sociais.

As persoas que desexen obter máis información deberán dirixirse á Oficina Municipal do Voluntariado (OVA) ao teléfono 662 377 044, ou ben ás Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Tamén poden enviar un correo electrónico a voluntariado@concellodeames.org