Pestanas principais

Saúde, educación, traballo, estereotipos e o papel dos medios de comunicación serán analizados nas xornadas sobre igualdade que organiza o xoves e o venres o Concello de Ames

Mércores, 01 de outubro de 2014

[01-10-2014] O Concello de Ames celebra os días 2 e 3 de outubro as IV Xornadas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero na Casa da Cultura de Bertamiráns. Darán comezo a partir das 9:15 horas cunha conferencia sobre o tratamento informativo nos medios de comunicación, a cargo da xornalista, formadora e asesora no tratamento da violencia de xénero, Pilar López. Á inauguración, que terá lugar ás 11:30 horas, asistirán a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López, o Alcalde de Ames, Santiago Amor, e a Concelleira de Igualdade e Benestar Social, Eugenia Martín. De seguido, a directora xeral do Instituto da Muller, Carmen Plaza, ofrecerá unha charla sobre compromiso social pola igualdade e pechará a quenda da mañá, Eva López, responsable do programa Woman Emprende.

As xornadas son de carácter gratuíto e cóntase coa participación duns 600 asistentes. Baixo o título “Acércate á igualdade”, a Concellaría de Servizos Sociais pretende sensibilizar aos cidadáns en materia de igualdade entre homes e mulleres e traballar na prevención da violencia de xénero a través da estratexia da educación. Celebraranse conferencias para profesionais e outras sesións destinadas a educadores, adolescentes, pais, nais e outros organismos relacionados coa igualdade de xénero. Ademais, haberá seis talleres sobre comunicación e liderado, técnicas de relaxación, educación en emocións dos nenos e nenas, defensa persoal, danza e saúde, así como un obradoiro de contos.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Arrancan hoxe en Ames as xornadas de prevención da violencia de xénero"