Pestanas principais

Sarabela Teatro representará en Ames a súa obra infantil O secuestro da bibliotecaria

Martes, 24 de abril de 2018

[24-04-2018] A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este venres, 27 de abril, ás 18:00 horas, a representación da obra de teatro infantil “O secuestro da bibliotecaria”. A peza, unha produción da compañía Sarabela Teatro, aborda o secuestro da bibliotecaria da vila de Parangón por un grupo de bandidos que teñen como obxectivo xerar o caos cultural. Dirixida e adaptada por Fina Calleja a partir da obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy, a obra conta cun elenco conformado polos actores Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica. Así mesmo, tamén se poden mercar anticipadamente nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 10:00h a 13:00 horas. O 10% das entradas resérvanse para vender de xeito presencial desde unha hora antes do comezo do espectáculo.

A obra O secuestro da bibliotecaria aborda a historia do rapto de Ernestina, a bibliotecaria de Parangón, por unha banda de bandidos que decidiu secuestrala, malia ser orfa e non ter familiares ricos. Porén, o que pretenden os secuestradores e xerar un caos cultural na vila, que obrigue ás autoridades municipais a pagar un rescate. Así e todo, as intencións da banda tomarán novos camiños ao descubrir que Ernestina os contaxiou co virus da varicela e... quen tomaría en serio a uns ladróns coa cara chea de graíños?

A peza, unha produción de Sarabela Teatro, conta cun elenco conformado polos actores Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez. A dirección da obra foi un traballo de Fina Calleja, quen tamén realizou a súa adaptación a partir do texto orixinal da autora e bibliotecaria neozelandesa Margaret Mahy.

Dirixida a un público infantil, a obra O secuestro da bibliotecaria será representada este venres, 27 de abril, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica. Así mesmo, tamén se poden adquirir anticipadamente nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 10:00h a 13:00 horas. O 10% das entradas resérvanse para vender, de xeito presencial, desde unha hora antes do espectáculo. Cada entrada ten un prezo de catro euros, cun desconto do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.


Contido relacionado


Lindeiros: "O secuestro da bibliotecaria este venres en Ames"
Compostela 24 horas: "Sarabela Teatro representará en Ames su obra infantil O secuestro da bibliotecaria"