Pestanas principais

Santiago Amor, acompañado doutros membros da corporación municipal asistiu ó nomeamento de Arturo Parrado como novo director da ONCE

Xoves, 14 de xullo de 2011

[14-07-2011] O rexedor amiense, Santiago Amor, acompañado doutros membros da corporación municipal asistiu ó nomeamento de Arturo Parrado como novo director da Axencia da Once en Compostela. Santiago Amor aproveitou o nomeamento do novo cargo de Parrado para transmitirlle persoalmente “moitos éxitos na súa nova responsabilidade”.

O alcalde e os concelleiros tiveron a oportunidade de conversar cos afiliados da ONCE do municipio amiense e coñecer as súas necesidades e situacións. O concello de Ames ten cinco persoas traballando para esta axencia. O goberno amiense está especialmente sensibilizado cos servizo sociais e é perfecto coñecedor das necesidades de moitos veciños e veciñas neste senso.

O rexedor amiense, Amor, asegura que "en tempos difíciles é cando máis hai que estar coa xente, e a ONCE é unha organización coa que Ames queres contar."