Pestanas principais

Sanidade descarta a contaminación dos alimentos como causa do gromo de gastroenterite e sostén a transmisión “persoa-persoa” como causa máis probable

Venres, 24 de maio de 2024

A Consellería de Sanidade, mediante un comunicado publicado esta mesma tarde, descartou a contaminación dos alimentos como causa do gromo de gastroenterite e sostén a transmisión “persoa-persoa” como causa máis probable. Dende o Concello queren agradecen o apoio e o seguimento da Consellería de Sanidade.

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Educación, Carmen Porto, celebraron a nova, que se suma á constata a seguridade e a calidade dos comedores escolares de Ames. García recordou a rolda de prensa dada o anterior luns no que “poñía a man no lume polo persoal de conciliación” e indicou que finalmente o tempo deulle a razón.

Porto, pola súa parte, resaltou a alta calidade e a seguridade do servizo ofertado e confesa sentirse moi orgullosa del: “Damos un servizo seguro e de calidade e iso é algo do que nos sentimos moi orgullosos. O luns a Xunta avalou os nosos protocolos e hoxe a calidade dos nosos produtos e a súa correcta manipulación”.

Dende o Concello queren agradecer o apoio e o seguimento constante da situación por parte da Xunta de Galicia e da Consellería de Sanidade, especialmente Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez, á directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Comunicado da Consellería de Sanidade:
“En relación ao abrocho de Ames, a inspección de Saúde Pública no centro educativo non detectou deficiencias nos procedementos no comedor. Por outra banda, nas análises das "comidas testemuña" tampouco se detectaron contaminación microbiolóxica nos produtos analizados.

A hipótese actual é que o axente causal do abrocho foi o norovirus, polos resultados dos coprocultivos realizados e pola aparición de casos secundarios. É importante engadir que non hai casos novos desde hai 4 días.

A vía de transmisión probable é que fose persoa-persoa”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Culpan a un norovirus y no al menú escolar de las gastroenteritis detectadas en al menos dos centros educativos de Ames"

Sanidade descarta a contaminación dos alimentos como causa do gromo de gastroenterite e sostén a transmisión “persoa-persoa” como causa máis probable