Pestanas principais

Sae a licitación o contrato de servizo para o deseño, produción e execución de accións de difusión, información e publicidade da EDUSI Impulsa Ames

Venres, 12 de novembro de 2021

O proxecto enmárcase no Programa Operativo Plurirexional de España 2014-2020. O presuposto da licitación ascende  a 91.958,47 euros (sen IVE) e realizarase por procedemento aberto simplificado.  O contrato será cofinanciado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao 20% polo Concello de Ames. Na operación inclúese o desenvolvemento de todas as accións publicitarias e de comunicación necesarias para facer chegar á cidadanía información sobre as operacións da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado “Impulsa Ames” no marco do Programa Operativo FEDER 2014-2020.

O  contrato ten por obxecto o asesoramento, deseño, produción e execución de accións de difusión, información, publicidade e participación da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado “Impulsa Ames”, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER 2014-2020  Plurirrexional de España.

As accións obxecto do contrato pretenden dar unha maior notoriedade e transparencia á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado do Concello de Ames e ao cofinanciamento da Unión Europea, mediante a información, difusión e publicidade das operacións realizadas na  EDUSI Impulsa Ames. Para chegar ao máximo número de cidadáns trátase de realizar accións de información e comunicación a través de diferentes medios de comunicación.

Desde a Unión Europea préstase cada vez máis atención ás actuacións levadas a cabo para difundir as accións dos proxectos, poñendo especial énfase en dar a coñecer a orixe dos fondos e en trasladar á cidadanía as actuacións que desde a Unión Europea apóianse.
Así mesmo, hai que sinalar que o fío condutor no actual período de programación de todas as estratexias é o de dar a coñecer as mellores actuacións cofinanciadas cos Fondos Europeos en España e as súas rexións e que, por tanto, as actuacións e ferramentas de comunicación que se van a poñer en marcha teñen como obxectivo o de dar a coñecer estas actuacións, pero tamén, e moi especialmente, o valor engadido dos Fondos Europeos nas mesmas.

Deste xeito, xorde a necesidade de levar  a cabo o plan de comunicación que contempla as accións de información e comunicación relativas á  EDUSI Impulsa Ames e que foi aprobado polo Ministerio con data 04 de agosto do 2020.

Características do contrato
O contrato deberá de incidir en informar e difundir sobre liñas de actuación da EDUSI “Impulsa Ames” como: o Plan de aplicación das NTIC´S na xestión eficiente dos recursos municipais e a prevención de riscos; o programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público; o programa de creación dunha rede de sendeiros escolares, deportivos e recreativos que favorezan á conectividade a pé e en bicicleta; o programa de mellora dos índices de consumo de enerxía nas vías, infraestruturas e edificios públicos; o programa para a revitalización e valorización  urbana dos núcleos de centralidade do municipio; a creación dun centro multifuncional de ocio, cultura e promoción económica; o programa piloto unidades habitacionais de interese social; o programa de dinamización e modernización comercial e emprendemento; e o programa Ames Emprega e Integra.

O contrato terá unha duración máxima de 25 meses e, dadas as características da actuación a financiar , o adxudicatario deberá comprometerse, aínda despois de finalizada a propia execución do servizo, a emitir cantos informes ou aclaracións sexan necesarias en relación coa xustificación dos indicadores de produtividade da operación EDUSI na que se enmarca o contrato.

Cumpre sinalar que a empresa adxudicataria deberá destinar ao desenvolvemento dos traballos un equipo técnico multidisciplinar composto polo menos por un experto en comunicación estratéxica, un planificador de medios, un deseñador gráfico, un locutor con titulación en xornalismo e unha produtora audiovisual.

Criterios de adxudicación
Un máximo de 75 puntos contarán os criterios automáticamente avaliables mediante a mera aplicación de formulas. Os criterios aplicables mediante xuízos de valor contarán até un máximo de 25 puntos. Neste senso, cada licitador deberá presentar unha memoria descriptiva dos traballos a realizar dunha extensión máxima de 40 páxinas, DIN A4. O proxecto de campaña contará un máximo de 15 puntos. Neste apartado valorarase o conxunto de prácticas, procedementos e mecanismos de traballo propostos, a estratexia de difusión e a interdependencia e relación entre os elementos de comunicación. A proposta de seguimento, control e avaliación das campañas contará un máximo de 10 puntos.

En concreto, valoraranse as seguintes cuestións: A análise e definición dos grupos obxectivo da campaña para cada unha das operacións; o estudo de audiencias e medios; a estratexia de difusión e mix de medios propostos, con mención específica aos obxectivos da campaña na súa totalidade e a cada sub-campaña en particular, os medios principais e secundarios propostos, ademais dos mínimos previstos e a planificación táctica das insercións e outros medios de difusión, con especial atención á súa coherencia coa celebración de xornadas informativas.

A presente actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014/2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames, de conformidade coa Resolución do 21 de xullo  de 2017, da Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se resolve a concesión definitiva de axudas da segunda convocatoria para a selección de estratexias de desenvolvemento urbano sostible e integrado.

Casa do Concello