Pestanas principais

Retómanse as obras de construción do novo comedor do CEIP da Maía

Luns, 11 de maio de 2020

Dende a Concellaría de Educación do Concello de Ames informan que este luns, 11 de maio, retomáronse as obras de construción do novo CEIP da Maía. Na actualidade, vanse a executar os traballos de cimentación da base do edificio para despois colocar a estrutura e así poder finalizar a obra o antes posible. Previamente, realizouse a demolición e desmontaxe dos módulos do antigo comedor.

O concelleiro de Educación, David Santomil, achegouse esta mañá ata o CEIP da Maía. Esta mañá retomáronse os traballos de construción do novo comedor deste centro de ensino. Cómpre lembrar que este proxecto, que foi adxudicado á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A. por un importe de 389.575,76 euros, está sufragado con fondos propios do Concello de Ames.

Na actualidade, vaise comezar coa segunda fase do proxecto. Deste xeito, vanse a executar os traballos de cimentación da base do edificio para despois colocar a estrutura e avanzar na execución da obra. Previamente, realizouse a primeira fase das obras que consistiu na demolición e desmontaxe dos módulos do antigo comedor.

Coa construción desta nova infraestrutura preténdese ampliar o número de prazas do servizo municipal de comedor escolar, xa que é unha demanda da comunidade educativa de Ames. Actualmente o número máximo de prazas de comedor no CEIP A Maía é de 330 usuarios/as, mentres o número de solicitudes incrementou de maneira considerable, cunha previsión de 375 a 400 prazas previstas para o presente curso escolar.

Esta capacidade pode ser asumida polo novo comedor, xa que o proxecto contempla un total de 460 prazas. Ademais, coa posta en marcha deste novo comedor hai que ter en conta os custos asociados ao funcionamento deste novo espazo, que supón a creación de máis de 150 novas prazas para o presente curso escolar, das cales 130 corresponden ao comedor do CEIP A Maía.

O concelleiro de Educación, David Santomil, destaca que “esta mañá retomáronse as obras de execución do novo comedor do CEIP da Maía, que estaban temporalmente interrompidas debido á situación de alarma sanitaria".

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "Retómanse as obras de construción do novo comedor do CEIP da Maía"

El Correo Gallego: "Retómase a segunda fase do comedor do centro escolar da Maía"

Imaxe do proxecto do novo comedor do CEIP da Maía

Multimedia

  • Imaxe do proxecto do novo comedor do CEIP da Maía
  • Imaxe do proxecto do novo comedor do CEIP da Maía