[19-12-2011] O pavillón polideportivo de Bertamiráns acolleu o sábado pasado, 17 de decembro, a novena edición do Torneo de Nadal de Karate Concello de Ames, no que se deron cita 12 clubs da comarca na modalidade de kata individual e kumite xuvenil. Arredor de 220 deportistas competiron nas categorías de alevín, infantil e xuvenil (feminino e masculino). O torneo comezou ás 16:00 horas e estivo dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 13 anos. Esta competición estivo organizada pola Agrupación Deportiva "Galaika" en colaboración coa Concellaría de Deportes e Tempo Libre e Voluntariado. Picando no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os resultados do IX Torneo de Nadal de Karate Concello de Ames.