Pestanas principais

Resultados da proba teórico práctica do proceso selectivo para a creación dunha lista de agarda de oficiais de carpintería

Luns, 04 de abril de 2011

[04-04-2011]

O departamento de persoal informa sobre os resultados da proba teórico práctica do proceso de selección para o proceso selectivo de creación dunha lista de agarda, destinada á realización de contratacións temporais de oficiais de carpintería para cubrir ausencias, necesidades ou reforzos de servizo na brigada de obras do Concello de Ames.

Comunícalle aos/ás aspirantes que aprobaron o exercicio a data e lugar para a realización da entrevista que terá lugar o día 8 de abril, ás 11:30 horas, na Casa do Concello en Bertamiráns.