Pestanas principais

Resultado do sorteo público realizado para a cesión de uso das parcelas das hortas urbanas do Milladoiro

Martes, 18 de marzo de 2014

[18-03-2014] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, informa de que este martes, 18 de marzo, realizouse no salón de plenos da Casa do Concello o sorteo público para determinar que parcela lle corresponde a cada usuario/a que fixo a correspondente solicitude de uso das parcels das hortas urbanas do Milladoiro. O sorteo realizouse baixo a presidencia da concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, e en presenza da secretaria accidental do Concello de Ames. Tras dito sorteo elaborouse unha lista na que se detalla que parcela lle corresponde a cada adxudicatario/a. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter esta lista e o plano coa numeración das parcelas.