Mércores, 30 de outubro de 2013
[30-10-2013] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Medio Ambiente, fai pública a listaxe de adxudicatarios/as das parcelas das hortas urbanas municipais sostibles e solidarias do Concello de Ames. O pasado venres, 25 de outubro, realizouse un sorteo público no salón de plenos da Casa do Concello baixo a presidencia da concelleira de Medio Ambiente, María Eugenia Martín, e en presenza da secretaria do Concello de Ames. Tras dito sorteo elaborouse unha lista coas persoas que saíron elixidas para o uso de ditas parcelas por un período dun ano prorrogable por outros doce meses. Tamén se elaborou un lista de agarda. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter esta lista.




