[30-10-2017] O departamento de Persoal fai público o resultado do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o nomeamento, como funcionario/a interino/a ata a cobertura da vacante dunha/dun técnica/o de Secretaría. Dáse de prazo para a presentación de alegacións ao segundo exame da fase de oposición ata o día 3 de novembro de 2017 (incluído). Ademais, convócase a aqueles aspirantes que superaron o proceso selectivo e non houberan acreditado estar en posesión do Celga 4, para o vindeiro 9 de novembro de 2017, ás 13:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello para a realización da proba de galego. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio co resultado do segundo exercicio.