Venres, 11 de xullo de 2014
[11-07-2014] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o resultado do segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as para as escolas infantís municipais. O Tribunal do proceso selectivo reuniuse o venres, 11 de xullo, para resolver as alegacións á fase de baremación. Unha vez resoltas as devanditas alegacións, o Tribunal procederá a propoñer a creación da bolsa de traballo coas aspirantes que pasaron o proceso por orden da puntuación acadada. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o resultado do segundo exercicio da fase de oposición deste proceso selectivo.




