Pestanas principais

Resultado do segundo exame da fase de oposición do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais albaneis

Mércores, 22 de febreiro de 2017

[22-02-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa do anuncio co resultado do segundo exame da fase de oposición do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de oficiais albaneis. Asemade, convócase aos aspirantes que pasaron o segundo exercicio e non acreditaron estar en posesión do CELGA 2, o día 1 de marzo de 2017, ás 09:30 horas, no Pazo da Peregrina, co obxecto de realizar a proba de galego. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio co resultado do segundo exercicio.