Pestanas principais

Resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as

Venres, 04 de xullo de 2014

[04-07-2014] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as para as escolas infantís municipais. Os aspirante que superaron a primeira proba da fase de oposición terán que realizar a segunda proba o vindeiro martes, 8 de xullo, ás 16:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, situado na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames).

O segundo exercicio consiste no desenvolvemento por escrito dun caso práctico relacionado co contido funcional dos postos de mestras e coas materias contidas no temario que figura con Anexo II das bases deste proceso. Os/as aspirantes deberán presentarse en dito lugar provistos do DNI, ás 16:00 horas, para proceder ao seu chamamento. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o resultado do primeiro exercicio da fase de oposición deste proceso selectivo, así como a plantilla do exame e un decreto de corrección de erros da lista definitiva de admitidos e excluídos deste proceso selectivo.