Xoves, 20 de febreiro de 2014
[20-02-2014] O Concello de Ames publica o resultado da segunda proba do proceso selectivo para a selección de persoal para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes. Tamén se fai pública a puntuación total de cada aspirante despois de sumar as puntuacións da fase de baremación e dos dous exercicios da fase de oposición. Ademais, convócase aos aspirantes a un sorteo en audiencia pública, que se realizará no salón de Plenos do Concello de Ames o día 24 de febreiro de 2014, para dirimir os empates entre os aspirantes que obtivesen a mesma puntuación. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o documento con toda esta información.




