Luns, 18 de abril de 2011
[18-04-2011]
O departamento de persoal informa sobre o resultado da proba teórico-práctica do proceso de selección para a contratación dun/dunha condutor/a do vehículo de limpeza industrial para a campaña intensiva de limpeza de cunetas, beiravías, bordes de pistas e camiños do viario municipal, campaña que finaliza o día 31-10-11.
Convócase aos/ás aspirantes, que aprobaron o exercicio teórico-práctico, para a realización da fase de entrevista, que terá lugar o día 20 de abril, ás 13:00 horas, na Casa do Concello en Bertamiráns.




