[05-06-2014] O departamento de persoal informa sobre o resultado da fase de oposición do proceso de selección para a contratación de seis vixiantes das piscinas municipais. En virtude das facultades que o artigo 11 das bases lle confire ao Tribunal, e persistindo o empate unha vez aplicado os criterios do artigo 7 das bases, procederase a un sorteo en audiencia pública para dirimir os empates entre os aspirantes que obtiveron a mesma cualificación trala suma das puntuacións acadadas na fase de baremación e de oposición. O devandito sorteo realizarase este venres 6 de xuño, ás 10:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o resultado da fase de oposición.




