Pestanas principais

Resultado da fase de entrevistas do proceso de selección do persoal das brigadas dos programas de cooperación coas entidades locais

Mércores, 30 de outubro de 2013

[30-10-2013] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o resultado da fase de entrevistas do proceso de selección do persoal das brigadas dos programas de cooperación coas entidades locais. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter a lista onde figuran os candidatos seleccionados e a lista de agarda creada cos candidatos que non foron seleccionados, pero que obtiveron a puntuación suficiente. Os interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada ante o órgano superior xerárquico, alcalde-presidente da corporación, no prazo dun mes contado dende o día seguinte á publicación destes resultados.