Mércores, 26 de abril de 2017
[26-04-2017] O Concello de Ames, a través do departamento de Recurso Humanos, informa sobre o anuncio co resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de técnicos en mocidade. Ademais, fíxase como data de realización do primeiro exame da fase de oposición, o xoves 4 de maio de 2017, ás 12:00 horas, e fíxase como prazo para posibles alegacións á fase de concurso ata o 2 de maio de 2017. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.




