Martes, 23 de xuño de 2015
[23-06-2015] O Concello de Ames informa de que xa están expostas as listas co resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de asesores/as xurídicos/as do departamento de urbanismo do Concello de Ames. Neste anuncio tamén se indica a data para a realización do exercicio da fase de oposición, que terá lugar o vindeiro 29 de xuño de 2015, ás 10:30 horas, no Centro de Formación de Aldea Nova. A lectura do exercicio tamén será o día 29 de xuño, a partir das 12:30 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar estas listas.