Pestanas principais

Resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación dun profesor/a de percusión para a Escola Municipal de Música

Luns, 03 de outubro de 2011

[03-10-2011] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado dun/dunha profesora de percusión para a Escola Municipal de Música de Ames. Así mesmo a realización da baremación correspondente á fase de concurso, terá lugar o vindeiro día 3 de outubro de 2011, ás 10:00 horas nas dependencias da Casa do Concello. A presentación dos proxectos pedagóxicos e a realización das probas correspondentes á fase de oposición, terán lugar o día 10 de outubro, ás 10:00 horas, no IES de Bertamiráns, sito na Avenida da Peregrina, S/N. O opositor declarado admitido deberá personarse no IES de Bertamiráns o citado día e a dita hora, achegando o DNI, os proxectos correspondentes á fase de oposición esixidos na cláusula 7ª das bases e o material que considere necesario para a realización das probas.