Pestanas principais

Resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de traballadores/as sociais do Concello de Ames

Luns, 14 de marzo de 2016

[14-03-2016] O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa do anuncio co resultado da fase de concurso do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de traballo de traballadores sociais do Concello de Ames. As persoas que desexen presentar reclamacións á fase de concurso, poderano facer ata o día 21 de marzo de 2016. A proba correspondente á fase de oposición terá lugar o día 7 de abril de 2016 no pavillón polideportivo municipal do Milladoiro.