Pestanas principais

Resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as

Martes, 01 de xullo de 2014

[01-07-2014] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as. A realización da proba correspondente á fase de oposición terá lugar este xoves 3 de xullo de 2014, ás 16:30 horas, no pavillón polideportivo de Bertamiráns, que está situado na avenida da Peregrina s/n. Os/as aspirantes deberán presentarse en dito lugar provistos do DNI, ás 16:00 horas, para proceder ao seu chamamento. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto co resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de mestres/as.