Luns, 10 de agosto de 2015
[10-08-2015] O Concello de Ames informa de que xa está exposto o resultado da fase de baremación do proceso de selección e contratación de dous técnicos medios de inserción laboral/prospección de empresas no ámbito do desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "Inserames-Brión VIII 2015/2016". As persoas que desexen presentar algún tipo de reclamación á puntuación outorgada teñen de prazo ata o 12 de agosto (incluído). Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o devandito resultado.




