Pestanas principais

Resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais

Martes, 05 de xuño de 2012

[05-06-2012] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as instalacións das piscinas municipais no Concello de Ames. A realización da proba teórica terá lugar o vindeiro día 8 de xuño de 2012, ás 9:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, situado na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames). Todos/as os/as aspirantes deberán presentarse ese día e a esa hora, provistos do D.N.I. e do material necesario para a realización da proba. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o decreto co resultado da fase de baremación de méritos do proceso selectivo para a cobertura de seis vixiantes para as piscinas municipais.