Pestanas principais

Resultado da baremación do proceso selectivo para a creación dunha lista de agarda de oficiais de carpintería

Luns, 28 de marzo de 2011

[28-03-2011]

O departamento de persoal informa sobre o resultado da fase de baremación do proceso de selección para o proceso selectivo de creación dunha lista de agarda, destinada á realización de contratacións temporais de oficiais de carpintería para cubrir ausencias, necesidades ou reforzos de servizo na brigada de obras do Concello de Ames.

Os aspirantes teñen de prazo para a presentación de reclamacións contra a puntuación outorgada na fase de concurso, ata o día 31 de marzo (incluído). As reclamacións deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames.

A data para a realización da proba teórica fíxase para o día 1 de abril ás 09:00 horas da mañá no salón de plenos da Casa do Concello. Todos/as aspirantes deberanse presentar no mencionado lugar e a dita hora provistos do DNI. Así mesmo, ás 11:30 horas da mañá deste mesmo día, os aspirantes deberán desprazarse á nave de obras do Concello situada na Avenida da Maía número 22, baixo-Bertamiráns, lugar no que o Tribunal conversara con eles sobre a materia obxecto da proba e pediralles explicacións complementarias sobre o contido da mesma. A non presentación dos aspirantes a estas horas e en ditos lugares implicará a eliminación do proceso.