[14-02-2011]
O departamento de persoal informa sobre o resultado da fase de baremación do proceso de selección para a contratación temporal mediante a modalidade contractual de contrato de duración determinada, cunha duración dun ano, dun/dunha técnico de grado superior, psicólogo/a, para o departamento de Benestar Social e Igualdade.
Todos os interesados poderán presentar a correspondente reclamación contra a puntuación outorgada na fase de concurso. Estas reclamación deberán presentarse ata o día 16 de febreiro (incluído) no Rexistro Xeral do Concello de Ames.
Convocase aos/ás aspirantes para a realización da proba teórico-práctica, que terá lugar o vindeiro día 17 de febreiro (xoves) ás 11:30 horas no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, sito na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames).




