[11-04-2011]
O departamento de persoal informa sobre o resultado da fase de baremación do proceso de selección para a contratación dun/dunha condutor/a do vehículo de limpeza industrial para a campaña intensiva de limpeza de cunetas, beiravías, bordes de pistas e camiños do viario municipal, campaña que finaliza o día 31-10-11.
Os aspirantes teñen de prazo para a presentación de reclamacións contra a puntuación outorgada na fase de concurso, ata o día 14 de abril (incluído). As reclamacións deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames.
A data para a realización da seguinte proba fíxase para o día 14 de abril no parque da Condomiña, situado no lugar da Condomiña-Ortoño (Bertamiráns).Todos/as aspirantes deberanse presentar no mencionado lugar e a dita hora provistos do DNI.




