Pestanas principais

Resultado da baremación do proceso selectivo para a confección dunha lista de agarda de PSX para comedores escolares

Luns, 31 de xaneiro de 2011

[31-01-2011]

O departamento de persoal informa sobre o resultado da fase de baremación do proceso de selección para a confección dunha lista de agarda destinada á realización de constatacións temporais de persoal de servizos xerais para cubrir ausencias, necidades ou reforzos de servizo nos comedores escolares do Concello de Ames.

Convocase aos/ás aspirantes para a realización da seguinte proba (entrevista), que terá lugar o vindeiro día 7 de febreiro (luns) ás 17:00 horas no Centro Municipal de Servizos Múltiples de Aldea Nova, sito na Rúa da Ribeira, número 64-C, Urbanización Aldea Nova (Ames).