Venres, 02 de outubro de 2015
[02-10-2015] O Concello de Ames informa do anuncio coa resolución das alegacións ao resultado de baremación e ao resultado final do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de axudantes técnicos de biblioteca. Fíxase como data para o sorteo que permita dirimir os empates entres os aspirantes o vindeiro luns, 5 de outubro de 2015, ás 09:00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello. Dito sorteo realizarase en audiencia pública, podendo asistir os/as aspirantes que así o desexen. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o devandito anuncio.




