Pestanas principais

Representantes dos establecementos gañadores do X Concurso de Escaparates de Ames recolleron os seus premios na Casa do Concello

Venres, 11 de marzo de 2016

[11-03-2016] Este pasado xoves, ás 14:00 horas, na Casa do Concello, entregáronselle os premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías do X Concurso de Escaparates Concello de Ames. O alcalde de Ames, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, foron os encargados de repartir os premios entre os gañadores/as.

Vinte establecementos participaron este ano decorando os seus escaparates durante as festas de Nadal., nunha iniciativa que quere promocionar os establecementos dos dous núcleros urbanos e animaro á veciñanza a consumir no comercio local. Tres foron os premiados polo xurado, dous- un de Bertamiráns e outro de Milladoiro- polo público e un terceiro recibiu, por sorteo, un bono por valor de 200 euros. Ademais sorteáronse outros tres bonos, de 300 euros cada un, entre os veciños e veciñas de Ames e da súa contorna que se achegaron aos locais participantes para realizar as súas compras e votar ao mellor escapararte.

O 18 de decembro de 2015 facíase público o veredicto do xurado. Manuel Ponte, de El Desván de Pestañas recolleu o primeiro premio do xurado polo seu traballo.A Arola Moda e Complementos, de Isaura de Jesús Pardal e a Cousalinda Moda e Complementos, de Mª Isabel Barreiro Villar, acadoron o segundo e o terceiro posto respectivamente.

O 29 de xaneiro dábanse a coñecer os establecementos gañadores do Premio Especial do Público, o establecemento premiado no Sorteo Especial X Aniversario e as persoas gañadoras do sorteo realizado entre a veciñanza que votou no concurso. Na Casa da Cultura de Milladoiro, representantes do Concello e das asociacións de comerciantes realizaron o reconto de votos, resultando Queen's Moda como o preferido polos compradores e compradoras en Bertamiráns e Puntadas de Marzo como gañador no Milladoiro.

Ese mesmo día realizouse un sorteo de tres talóns, por importe de 300 euros cada un, entre os clientes que votaron no Premio do Público .As persoas afortunadas foron Luz Mª Santos Conde e Marcos Mesías Lista, ambos veciños do Milladoiro, e Marcos García, de Brión. O premio do Sorteo Especial X Aniversario, ao que podían optar os establecementos que non gañasen nin o Premio do Xurado nin o do Público, recaeu no establecemento Boas e Novas.