Pestanas principais

RENOVACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS E NOS OBRADOIROS CULTURAIS PARA O CURSO 2013-2014

Venres, 24 de maio de 2013

[24-05-2013] A partir do luns 27 de maio todas as persoas que desexen practicar deporte ou participar nalgunha actividade cultural xa poden renovar a súa praza no programa de obradoiros culturais e escolas deportivas para o curso 2013-2014. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter máis información sobre as actividades ofertadas e os trámites que hai que realizar para renovar praza.

Todas aquelas persoas que xa estiveron inscritas no curso 2012-2013 poden renovar a súa praza entre o día 27 e o 31 de maio. Para formalizar a matrícula deberase acudir á Casa da Cultura do Milladoiro ou ao Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Ademais os días 27 e 28 de maio tamén se atenderán as inscricións en horario de tarde, de 16:00 h. a 18:00 horas, para maior comodidade da veciñanza amiense. Unha vez formalizada a matrícula nas oficinas habilitadas, entregaráselle a cada usuario/a a folla de autoliquidación para proceder ao pagamento da actividade na entidade bancaria. O prazo para a xustificación dos pagos remata o 31 de maio ás 14:00 horas.

Renovación de prazas vía telemática
Ademais poderase confirmar a súa praza vía telemática premendo nun banner que estará situado na páxina principal da web municipal. A vía telemática estará dispoñible dende as 9:00 h do 27 de maio ata ás 14:00 horas do 31 de maio. Todas as inscricións que se fagan fóra de prazo non serán tidas en conta. Unha vez formalizada a matrícula a través da páxina web municipal, deberase solicitar por correo electrónico a folla de autoliquidación para proceder ao pagamento da actividade. O prazo para a xustificación dos pagos remata o 31 de maio ás 14:00 horas. Haberá que enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.org para as escolas e obradoiros de Bertamiráns. As persoas que renoven praza nas escolas deportivas e nos obradoiros culturais do Milladoiro deberán enviar un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.